O teu camiño
a un futuro de cores

Consultoría para persoas con discapacidade

O meu nome é Marta

Acompaño no desenvolvemento da súa nova vida a persoas do rural galego que conviven cunha discapacidade.

Se é o teu caso, quero que saibas que restar gris e sumar cor á túa nova situación é posible. Eu fíxeno, nós fixémolo.

E da experiencia que vivimos na miña familia aprendín moitas cousas que, seguro, che servirán na túa Nova Andaina.

Vive unha vida plena no rural galego

Xuntos poñeremos remedio e vontade aos obstáculos que implica vivir no rural galego cunha discapacidade.

Gaña autonomía e benestar

Moitos dos pasos que tes que dar ti agora son os mesmos que tiven que dar eu. Compartirei contigo todo o aprendido.

Aforra cartos, tempo e enerxía

Os trámites coa administración son longos e tediosos... pero necesarios. Co meu apoio terás todo xestionado antes do que pensas.

Os imprescindibles para a Nova Andaina

Honestidade

Transparencia

Saber facer

Profesionalidade

Blog: As sandalias de Papá

Jesús botaba todo o ano en sandalias, ata que chegaron as amputacións. Meses despois, o proceso de aceptación da súa nova realidade iniciouse cando comezou a buscar unhas sandalias para os seus novos pés. De aí o título deste blog, no que compartimos contigo esta e outras experiencias da nosa nova andaina. 

Ponte en contacto comigo e cóntame cal é a túa situación. Buscaremos solucións.